martes, 6 de febrero de 2018

VISITAMOS O CONCELLO DE FENE

O luns visitamos o Concello, e os nen@s tiveron a oportunidade de coñecer todas as dependencias, así como estar no salón de plenos e facelle preguntas ao alcalde.
 Queremos dar as grazas ao alcalde Juventino Trigo e a Sandra( Teniente Alcaldesa), pola súa atención e as súas explicacións.
Fomos andando o que nos permitiu coñecer alugúns dos monumentos da localidade.


 Empezamos a nosa visita no 3º andar onde se atopa "Radio Fene". Encantoulles e temos que preparar algunha actividade para participar en Radio Fene.

 Continuamos a nosa visita....
 Coñecemos o despacho do alcalde.



 O que máis lles gustou foi o salón de plenos. Onde fixeron preguntas ao alcalde.



 
Estes son todos os alcaldes que tivo Fene ao longo dos anos. 

 E de regreso ao colexio fixemos unha foto, nun dos grafítis feito no barrio de San Valentín.



No hay comentarios: